sábado, 25 de diciembre de 2010

intenteino, pero non puiden

Onde eu me criei falase un jalejo muy castellanizado, este que tou usando. Supoño que a cercanía ca ciudá e as contínuas visitas de primeiro miña abuela e despois miña nai á Coruña teñen moito que ver.

Hoxe escribirei sobre a primeira. Cando a profesora de balet de Billy Elliot lle dí a éste que a súa nai morta debeu ser muy especial, el contesta "non, solo era miña nai", pois aquí pasa algo parecido, solo é miña abuela. Dura con moitas cousas, secadra demasiadas, pero morna e sensible cando chega a hora da verdá. Nunca esquencerei como choraba o día que miña nai e eu nos marchamos vivir á Coruña, estaba acostrumbrada a ter a casa chea de xente e sabía que aquelo era o principio para ila vaciando pouco a pouco. Ten un sentido da xusticia un pouco peculiar, según o cal, por exemplo, as normas dos xogos decideas o dono do xojete, a mín esto enfadábame moitísimo, parecíame pouco razonable. En cambio creo que lle debo esa ansia por ir andando ós sitios, e por ver: "a mín o que me gusta e ir ver".

Podería escribir horas e horas sobre un montón de frases que recordarei sempre que a memoria non me traicione e que creo que definen a sua forma de pensar, pero hay unhas poucas que teño que poñer:

"Non hay pouco que non cheje nin moito que non se acabe"
"Sábese que aljien e tonto porque pensa que son tontos todolos demais"
"Tódolos días a terra da unha volta"
"Xente parada, malos pensamientos"
"Donde ti poñas o pe solo te poden pisar, non te poden apartar"

Pouca xente sabe que miña nai ten un irmán de leite, unha veciña morreu deixando un neno pequeno, e increíble ver como aínda se pode apreciar o agradecimiento na súa cara cada vez que ven por Cos e pasa a saludala.

Tamén hay que ter en conta que Cos foi moito tempo unha aldea sin taberna, e que na miña casa compraron a primeira radio e a primeira televisión, co que a xente pasaba alí as tardenoites, según miña abuela "a mín gústame ter tódolos adelantos", esto levou a que todolos que marcharon dalí cara ós pueblos para buscar traballo, cada vez que van a Cos visitala familia pasan tamén pola casa de miña abuela, así cando un vai alí, sabe que non vai ver solo ós da casa, decía un irmán de meu abuelo: "na casa do moreno sempre hai xente".

Teño entendido que os "nobel" se dan en vida.

Meu abuelo pescaba troitas no río e ela andaba tódolos días seis kilometros para logo collelo tren e ilas vender á praza na Coruña, alí este castrapo costoulle un sopapo dun guardia civil, así que quixen escribir esto en castellano, que e a lengua na que menos mal me explico, intenteino, pero non puiden.